O realizador texano Robert Rodriguez ven de lle revelar á prensa que adquiriu os dereitos para facer un remake da longametraxe de debuxos animados de 1983 de Ralph Bakshi e do recentemente defunto Frank Frazetta Fire and Ice.
Gerry Conway e Roy Thomas escribiron o guión orixinal, unha fantasía estilo Conan na que un campesiño e mais a princesa do país de Firekeep únen-se para deteren á malvada raíña de Icepeak que quere destruir o mundo con glaciares.
O filme usou a técnica do rotoscoping, na que a animación é debuxada directamente sobre escenas de acción real (e que tamén foi utilizada en outros filmes coma Tron, e na versión de debuxos de Bakshi O Señor dos Anéis). A produtora de Rodriguez, a Troublemaker Studios, encargará-se deste remake.