Megan Fox, despedida

0
218

Nun abraiante xiro dos acontecementos, a actriz Megan Fox non regresará para a terceira parte de Transformers, a saga que lle deu fama mundial, e non precisamente porque ela non queira.

Xa había rumores de que fora despedida, pero ven-se de coñecer por boca dun voceiro da actriz que “Megan Fox non será a protagonista de Transformers 3. Foi a súa decisión non regresar. Ela quere desexar-lle o mellor á franquía“.

Fox acadou sona mundial grazas ao seu papel de namorada de Shia LaBeouf nos dous primeirs filmes, pero após da estrea do segundo, a actriz e mais o director Michael Bay tiveron unha série de disputas públicas que enfriaron moito a súa relación, até o punto de que a produción da terceira entrega se viu ameazada.

Nos últimos meses non foron pucos os rumores que apuntaban a que a actriz estaba a se lle subir moito o seu papel de nova diva do cinema e que moitos membros da equipa de rodaxe non podían nin ve-la diante. Así pois, o director decidiu non contar mais con ela e encargar-lle ao guionista Ehren Kruger que lle forneza ao persoaxe de Shia cun novo interese amoroso que lle dea sentido á história.

Nas poucas horas transcurridas dende que se fixo pública esta decisión, xa coemzaron a xurdir candidatas para o cobizado papel e o primeiro é o da emerxente actriz de Prince of Persia e Clash of the Titans, Gemma Arterton.

Outros nomes que soan son os de Brooklyn Decker, Bar Rafaeli e mais a supermodelo australiana Miranda Kerr. En todo caso, deberán dar-se presa en escoller porque a rodaxe escomeza este mesmo mes.