Mai, a psíquica de Burton

0
210

O manga xaponés Mai, The Psychic Girl ven de se converter no seguinte proxecto do director Tim Burton.

O cómic orixinal de Kazuya Kudo vai sobre unha rapaza con poderes psíquicos que é perseguida por unha escura organización criminal apoiada polo governo e que ten coma obxectivo dominar o mundo grazas aos poderes de xente coma Mai, a rapaza protagonista.

Burton tiña hai moito tempo en preparación unha adaptación deste manga pero até agora non puidera facer-se cos dereitos que estaban no poder da Sony Pictures. Burton de todos os xeitos será o encargado de supervisar o traballo do guionista, que está a rematar o libreto arestora.