Ewan McGregor (Obi Wan Kenobi nas tres primeiras entregas da Guerra das Galáxias) ven de se unir ao reparto do proxecto mais gafado e paixonal de Terry Gilliam, The Man Who Killed Don Quixote.
Gilliam xa tentara rodar unha película cun orzamento de 53 millóns de dólares protagonizado por Johnny Depp en 2000, pero a rodaxe, que se fixo na rexión española d’A Mancha, converteu-se nun desastre e non puido chegar a se rematar. Dez anos despois, Gilliam quere intenta-lo unha vez mais, se ben esta vez cun orzamento de só 20 millóns.
Se a história é a mesma, McGregor fará o papel que ía tomar Depp dun executivo de publicidade que viaxa no tempo até a España do século XVII e fica atrapado nas aventuras de Don Quixote. Robert Duvall xa foi contratado para interpretar ao cabaleiro andante, un papel que ía facer Jean Rochefort no filme orixinal.
A rodaxe está prevista para escomezar no mes de setembro.