A Cidade Perdida de Z

742

A adaptación do dierctor James Gray da novela de David Grann The Lost City of Z podería entrar en produción antes do que se agardaba. Unha vez que Brad Pitt remate a rodaxe do filme de Bennett Miller Moneyball, A Cidade Perdida de Z será o seu seguinte e inmediato proxecto.

Se todo vai ben, Pitt interpretaría ao coronel Percy Harrison Fawcett, un antigo soldado inglés condecorado e covnertido en explorador en 1925 que xunto con seu fillo desaparece na selvado Amazonas e atopa unha cidade perdida.

Gray adaptou o guión, baseado nunha novela que din que está baseada en feitos reais, e a produtora de Pitt, a Plan B, será a encargada de financiar o proxecto.