A Súa Alteza

716

Danny McBrideDanny McBride protagonizará a comédia fantástica Your Highness baixo as ordes do director David Gordon Green. Scott Stuber será o produtor por médio da súa empresa, unha filial da Universal. O comezo da produción está previsto para xaneiro de 2009.

McBride, que escribiu o guión xunto a Ben Best, interpretará a un arrogante e preguiceiro príncipe que debe completar unha procura para salvar o reino do seu pai.

É unha ideia moi orixinal para unha comédia que ten lugar nun reino con dragóns e meigos, con Danny no centro coma o irmán afastado que ten unha oportunidade de se probar a si mesmo“, dixo Stuber nunha entrevista á que puido acceder NOVA FANTASIA.

Os antigos compañeiros de coléxio Green e McBride xa colaboraran anteriormente no drama All the Real Girls, que foi o debut coma actor de McBride. El mesmo xa traballara anteriormente con Best na comédia The Foot Fist Way, na que interpretaba a un profesor de artes marciais nunha pequena vila. Actualmente está a filmar a versión para a pantalla grande de Land of the Lost, protagonizada por Will Ferrell e Anna Friel.