Greengrass muda de proxecto

0
197

O realizador Paul Greengrass (O Ultimato Bourne) non será definitivamente o director do remake do clásico de culto de ciéncia-ficción dos anos 60 Viaxe Alucinante na 20th Century Fox.

Greengrass fora o único director que lera o guión deste filme producido por James Cameron pero nunca chegou asinar o contrato que o vencellaría ao proxecto, mália que algúns informes anteriores xa o daban por feito.

No seu lugar, seica Greengrass puxo a vista na nova adaptación da novela de Robert Louis Stevenson A Illa do tesouro pola Warner Bros. Pictures. Pero a súa participación nestoutro proxecto ainda está lonxe de ser definitiva e a falla dun guionista está a complicar aínda mais as cousas.