Os Cullen regresarán

715

Mália que había fortes rumores sobre unha rifa ao redor do seu regreso para a cuarta e quinta partes da saga de Twilight, os actores que interpretan aos membros da família Cullen seica repetirán os seus papeis para as dúas entregas finais que adaptarán a novela Breaking Dawn.

Kellan Lutz, Elizabeth Reaser e Nikki Reed xa asinaron os seus contratos, Jackson Rathbone está por pechar o acordo e Ashley Greene semella está por face-lo nas vindeiras horas.

Nn se agarda que a Summit emita ningún comunicado oficial até que todos os demais membros do reparto estean definitivamente atados. Ese anúncio pdoería polo tanto atrasar-se várias semanas, xunto coa confirmación de que Breaking Dawn serán duas películas.