James Franco e os símios

950

James Franco (Spiderman, The Wicker Man) será o protagonista da vindeira precuela da franquía do Planeta dos Símios, que levará por título Rise of the Apes e será producida pola 20th Century Fox.

A história estará ambientada en San Francisco, cando uns experimentos de enxeñería xenética levan ao desenvolvemento da intelixéncia nos símios e pouco despois a unha guerra pola supremacía no planeta. Franco será no filme un xoven científico que se convertenunha figura crucial nesta guerra.

Rupert Wyatt (O Escapista) dirixe a partir dun guión de Amanda Silver e Rick Jaffa. Ambos guionistas serán ademais os produtores, xunto a Peter Chernin e Dylan Clark.

Nesta ocasión os símios serán creados con imaxes xeradas por computador coa WETA Digital a cargo dos efectos especiais. A rodaxe escomezará o 5 de xullo coa vista posta nunha estrea que se producirá o 24 de xuño de 2011.