Tatopoulos na Colónia

0
123

Patrick Tatopoulos (Underworld: Rise of the Lycans) está a negociar a súa incorporación como director da vindeira aventura de terror ecolóxica The Colony na Participant Media e mais a Summit Entertainment.

A história vai sobre un grupo de supervivintes obrigados a habitar debaixo da terra por mor dunha catástrofe ecolóxica que produciu unha nova idade de xelo. Alí abaixo deberán loitar contra unha terríbel ameaza salvaxe.

David Lee Johnson, Stacy Title e Jonathan Penner escribiron o guión mentres que Steven Schneider, Doug Davison e Roy Lee ocuparán-se da produción. A rodaxe escomezará en outono.