Dominic Cooper é Stark Sr.

0
178

Dominic Cooper (Mamma Mia, The Duchess) será o xoven Howard Stark, pai de Tony (Iron Man), nas escenas ambientadas nos anos 40 para a vindeira longametraxe The First Avenger: Captain America.

A nova coñeceu-se nun sítio Web hai uns días grazas a unha entrevista co musculoso actor inglés realizada no decurso do recente festival de Cannes, onde se mencionou que el formaría parte do cásting, pero sen que se chegase saber ren mais sobre que papel faría no filme. Pero após de que saltase a nova, unha investigación realizada de contado descobriu que este será o seu seguinte papel.

O protagonista de Mad Men, John Slattery, interpretou a un vello Howard Stark a princípios dos anos 70 en escenas de flashback na recentemente estreada Iron Man 2. Cooper fora anteriormente vencellado co filme Thor onde se dicía que podería interpretar a un dos Tres Guerreiros, pero finalmente os rumores non resultaron ser certos.

A rodaxe de Captain America escomezará nunhas poucas semanas en Londres.