Shazam loitará contra a Rocha

0
179

O Capitán MarvelDwayne Johnson, o actor antes coñecido coma “The Rock”, confirmou no decurso da Comic-Con a un grupo de xornalistas que el será o intérprete do malvado Black Adam no vindeiro filme Shazam!, o que lóxicamente afástao do papel protagonista, o do Capitán Marvel.

Falando con eses fans de aí abaixo, eles comentáran-me iso, xa sabes, está ese gran persoaxe que é Black Adam“, dixo Johnson mentres promocionaba o seu vindeiro filme de ciéncia-ficción, Southland Tales. “E eu dixen, ¿de veras? Faládeme del. E eles dixéron-me todo del. Eu conseguín algunhas histórias sobre Black Adam, e descubrín que Black Adam era persoalemente para min máis interesante de interpretar. É un persoaxe realmente malvado. A min encánta-me iso“.

Black Adam é a némese, realmente o “lado escuro” do Capitán Marvel. Shazam!, basead no clásico súper-heroe da DC Cómics céntra-se en Billy Batson, un rapaz que obtén o poder de se transformar no súper-heroe chamado Capitán Marvel cando pronúncia a verba “Shazam”, que é un acrónimo do nome de sete deuses e heroes da Antigüidade.

O director de Get Smart, Peter Segal, encargará-se de Shazam!, que leva un guión de John August (O cadáver da noiva). Johnson dixo que August enviou o seu guión o pasado día 2, tan só uns poucos días antes de que escomezara a folga de guionistas en Hollywood.

A rodaxe escomezará a finais de 2008, após de que Johnson remate o seu papel na vindeira comédia da Disney Witch Mountain.