Mass Effect ao cinema

0
217

A Legendary Pictures e mais a Warner Bros. Pictures veñen de se facer cos dereitos para levar ao cinema o exitoso videoxogo da BioWare Mass Effect, segundo ven de confirmar unha nota de prensa feita pública pola Electronic Arts Inc.

A série de videoxogos de temática enfocada na ciéncia-ficción épica ten lugar no ano 2183 e vai sobre as aventuras do comandante Shepard da nave SS Normandy, quen lidera un grupo coa misión de derrotar a unha antiga raza álien que invade a galáxia cada 50,000 anos, destruíndo toda forma de vida orgánica (está claro que nunca chegaran á Terra antes!).

O segundo videoxogo nunha triloxía que está ainda por se desenvolver chegou ás tendas o pasado mes de xaneiro e colleitou unhas críticas boísimas por parrte da prensa especialziada en todo o mundo. Mark Protosevich (I Am Legend, Thor) está en discusións para se converter no guionista do filme.

Thomas Tull, Jon Jashni, Avi e Ari Arad serán os produtores.