A Espada de Gideon

888

A Paramount Pictures fíxo-se cos dereitos para o cinema sobre a vindeira novela de Douglas Preston e Lincoln Child Gideon’s Sword.

Preston e Child son unha parella especialista en éxitos literários. Xa levan publicadas conxuntamente trece novelas con temática de techno-thriller nos últimos quince anos. Entre os seus éxitos anteriores están Brimstone, The Cabinet of Curiosities, Still Life with Crows, Cemetery Dance, Riptide e Thunderhead. A súa primeira colaboración, unha novela de 1995 sobre un monstro nun museu titulada Relic, foi adaptada dous anos mais tarde pola Paramount nun filme titulado The Relic.

A maioría das novelas de Preston e Child teñen como protagonista ao axente do FBI Aloysius Pendergast, incluindo a súa recente Fever Dream. Nombergantes, Gideon’s Sword será a primeira dunha nova série enfocada no persoaxe de Gideon Crew e non aparecerá até o vindeiro mes de febreiro.

A história vai sobre Crew, quen hai vinte anos procurou a vinganza polo brutal asasinato de seu pai. Nombergantes, unha misteriosa testemuña do crime regresa e lle ofrece a Crew “a oportunidade que só se ten unha vez na vida”.

Michael Bay producirá este filme a través da súa empresa, a Bay Films (e non a Platinum Dunes).