Dobrev en Xogos mortais

865

A protagonista de Vampire Diaries, Nina Dobrev, ven de se unir ao reparto do thriller independente Deathgames, que conta cun orzamento de 10 millóns de dólares na Motion Picture Corporation of America.

A história está centrada nun xoven (Kellan Lutz) secuestrado e obrigado a se converter nun gladiador nun espectáculo moderno onde os homes loitan a morte para diversión dos xogadores online e para benefício do organizador do xogo, que será interpretado por Samuel L. Jackson.

Dobrev será a muller do xove gladiador. James Remar (Dexter) e Derek Mears (Venres 13) tamén se uniron ao reparto no papel dun misterioso persoaxe chamado Home Alto e no dun loitador chamado Brutus Jackson respectivamente. Daniel Dae Kim tamén está no reparto, no papel doutro loitador.

Jonah Loop fará o seu debut coma director neste filme, cuxa rodaxe está prevista para escomezar esta mesma semana en Louisiana.