Del Toro deixa O Hobbit

1
202

Segundo ven de confirmar o mesmo Peter Jackson, Guillermo del Toro abandoou por sorpresa a dirección do proxecto do filme O Hobbit, após de que hai uns poucos días ficase confirmado un novo adiamento na produción por mor dos problemas financeiros da MGM. Del Toro continuará, de todos os xeitos, coma co-guionista desta adaptación ao cinema do clásico libro de J.R.R. Tolkien.

A New Line e mais a MGM están a coproducir The Hobbit, que tiña previsto dividir-se en dúas películas separadas, que se estrearían en decembro de 2012 e decembro de 2013 respectivamente.

Á luz dos contínuos atrasos na data de comezo para a rodaxe de O Hobbit, enfrénto-me á decisión mais difícil da miña vida“, dixo Del Toro. “Após de case dous anos de vivir, respirar e deseñar un mundo tan rico coma a Terra Média de Tolkien, debo, con grande dór, abandoar a dirección destas marabillosas películas. Fico agradecido a Peter Jackson, Fran Walsh e Philippa Boyens, á New Line e mais á Warner Brothers e á toda a miña equipa en Nova Celándia. Tiven o priviléxio de traballar nun dos mais grandes países da Terra coa millor xente ao meu cargo e a miña vida ficará cambiada para sempre. As benzóns foran moitas, pero as presións cos conflitos nas axendas sobrepasaron o tempo inicialmente previsto para o proxecto. Tanto coma coguionista coma directo, non lle desexo á produción mais cá millor das sortes e serei o primeiro en me poñer na ringleira para ver o produto rematado. Sego a ser un aliado do mesmo e dos seus creadores, presentes e futuros, e apoiarei unha boa trasición co novo director“.

Pola súa banda, Jackson declarou que ainda que se sente moi triste de ver partir a Guillermo del Toro, por circunstáncias que están alén do control de todos, e porque ten compromisos con outros proxectos, ten que lle agradecer que ficara seis anos en Nova Celándia cando o comprimiso orixinal foi só de tres anos.

Mentres fican á procura doutro director, Jackson, Boyens e Walsh deberán pulir novamente o guión, porque outra cousa non poden facer mentres que a Metro non estea en disposición de aportar a metade dos cartos aos que se comprometeu para esta produción.

1 comentário

  1. Del Toro deixa O Hobbit…

    Segundo ven de confirmar o mesmo Peter Jackson, Guillermo del Toro abandoou por sorpresa a dirección do proxecto do filme O Hobbit, após de que hai uns poucos días ficase confirmado un novo adiamento na produción por mor dos problemas financeiros da MG…

Comments are closed.