MySpace resucita á Hammer

0
186

Beyond the RaveO terror da Hammer, influenza evidente en case toda a filmografía do cineasta Tim Burton, resucita a través do portal MySpace, que estrea na sua Web española Beyond the rave, unha série feita exclusivamente para a Internet pola lendária produtora inglesa, fundada en 1934.

Máis de 30 anos despois da sua derradeira produción, a Hammer, a produtora que recuperou para o espectador a persoaxes coma Drácula ou Frankestein, crea para esta Web unha série de terror de 20 episódios que xa se estreou nunha vintena de países e en 9 idiomas diferentes que se emitirá en España a razón de dous capítulos por semana, segundo asegurou MySpace España nun comunicado.

Beyond the rave conta a história de Ed, un xoven soldado inglés que decide disfrutar dunha aloucada noite antes de partir cara Irak, pero a sua celebración convírte-se en horror cando a sua moza desaparece nunha extraña festa “rave” no médio do bosque.

A série conta con Jamie Dornan, visto na Maria Antonieta de Sofia Coppola, e Sadie Frost, a ex muller de Jude Law, como protagonistas e co coñecido DJ inglés Pete Tong a cargo dunha banda sonora na que se poden escoitar os últimos éxitos de heroes da pista de baile coma Digitalism e Justice.