O Lanterna Verde oficial

0
166

Nalgúns sítios Web xa se está a publicar o que semella ser o argumento e mais a presentación oficiais da vindeira adaptación ao cinema do cómic Lanterna Verde:

Nun universo tan vasto coma misterioso, existe dende hai séculos unha pequena pero poderosa forza. Protectores da paz e da xustiza, son os chamados Corpos de Lanterna Verde. Unha irmandade de guerreiros que xuraron manter o orde intergaláctico, cada Lanterna Verde leva un anel que lle dá superpoderes. Pero cando un novo inimigo chamado Parallax ameaza con destruír o equilíbrio de poder no universo, o seu destino e mais o destino da Terra ficarán nas mans do seu mais novo recruta, o primeiro humán seleccionado xamáis: Hal Jordan.

Hal é un piloto dotado e valente, pero os Lanternas Verdes teñen pouco respecto polos seres humáns, que nunca aproveitaron os infinitos poderes do anel anteriormente. Pero Hal é claramente a peza perdida do puzzle, e xunto coa súa determinación e a súa vontade, ten unha cousa que ningún outro membro dos Corpos tivo nunca: humanidade. Co apoio da súa comapañeira piloto e namorada dende que eran nenos Carol Ferris (Blake Lively), se Hal pode afacer-se axiña cos seus novos poderes e atopar o valor para vecer os seus medos, podería probar ser non só a clave para derrotar a Parallax… convertirá-se no mais grande Lanterna Verde de todos.

Martin Campbell dirixe Lanterna Verde a partir dun guión de Greg Berlanti, Michael Green, Marc Guggenheim e Michael Goldenberg, baseado nunha história orixinal de Greg Berlanti, Michael Green e Marc Guggenheim, cos persoaxes que aparecen nos comics que edita a DC Comics.

O filme está protagonizado tamén por Blake Lively (The Town, e da série de TV Gossip Girl) no papel de Carol Ferris, unha piloto de probas e herdeira da compañía de aviación de seu pai; Peter Sarsgaard (An Education, Flightplan) coma o científico Dr. Hector Hammond; Mark Strong (Sherlock Holmes) coma Sinestro, o poderoso mentor de Jordan nos Corpos dos Lanterna Verde; Jay O. Sanders (Revolutionary Road) coma Carl Ferris, o deseñador de avións e pai de Carol; Temuera Morrison (Star Wars Episódios II e III) coma Abin Sur, o antecesor álien de Jordan; Taika Waititi (da série de TV The Flight of the Conchords) coma o navigante de vóo Tom Kalmaku, o bó amigo e confidente de Hal; a nominada ao Oscar Angela Bassett (What’s Love Got to Do with It) coma a enigmática científica Amanda Waller; e mais o gañador dun Oscar Tim Robbins (Mystic River) no papel do influinte pai de Hector, o Senador Robert Hammond.