Adam Beach (Bandeiras dos nosos pais) ven de asinar o seu contrato para protagonizar a adaptación ao cinema do cómic Cowboys and Aliens, que dirixirá Jon Favreau para a DreamWorks Pictures, a Universal Pictures e mais a Platinum Studios.
Daniel Craig interpreta a Zeke Jackson, o persoaxe principal deste história sobre as loitas entre os índios e mais os vaqueiros no Vello Oeste, e que desta volta deberán aliar-se para combater xuntos aos áliens, que chegan á Terra após de que unha das súas naves de estrele no deserto e Arizona e xa que están por aquí, pois deciden conquistar este planeta.
Beach fará o papel de Nat Colorado, un médio apache que traballa para o persoaxe de Harrison Ford (Woodrow Dollarhyde). Olivia Wilde, Sam Rockwell e Paul Dano son os outros protagonistas.
Roberto Orci, Alex Kurtzman e Damon Lindelof adaptaron o guión, mentres que Ron Howard, Brian Grazer, Steven Spielberg e Scott Rosenberg encargarán-se da produción. A rodaxe escomenzará este verán.