Katia Winter, xogo letal

0
185

Katia Winter será a actriz protagonista do novo thriller de acción independente Deathgames, que conta cun orzamento de 10 millóns de dólares e a produción da Motion Picture Corporation of America.

A história céntra-se nun home novo (Kellan Lutz) secuestrado e obrigado a se converter nun moderno gladiador nun escenário onde os homes deben loitar a morte para diversión de xogadores online que apostan os seus cartos, todo elo organizado polo persoaxe que interpretará Samuel L. Jackson.

Winter será un súcubo que actúa coma axente dobre e que está contratado por Jackson para tentar aos potenciais gladiadores. Ela namóra-se do persoaxe de Lutz e axudará-o a derrotar os plans que ten Jackson para mata-lo.

Nina Dobrev (Vampire Diaries), Daniel Dae Kim (Perdidos), James Remar (Dexter) e Derek Mears (Venres 13) son os outros protagonistas.

Jonah Loop fará o seu debut coma director neste filme, que se está a rodar xa en Louisiana.