Patrick Lussier na Escuridade

0
176

O director Patrick Lussier, o da recente My Bloody Valentine, e que actualmente está a preparar o filme Drive Angry, xa conta cun potencial futuro proxecto chamado In Darkness.

O proxecto é un thriller que ten un guión de Rowdy Herrington e vai sobre unha xoven avogada que deberá procurar a absolución para un home que di que matou á súa muller para salvar a súa alma, xa que a súa muller era un vampiro. A mellor defensa que poderá fornecer a letrada será demostrar que os vampiros existen, o que ademais de ser arriscado para dicir diante dun xuíz, tamén é arriscado por se resulta ser certo…

Lussier está arestora a negociar a súa incorporación ao proxecto, mentres remata o seu traballo á fronte de Drive Angry 3D para a Summit Entertainment, que debe estrearse o 11 de febreiro.