Patrick Stewart nomeado cabaleiro pola Raíña Elizabeth

586

Tal e coma vos anunciáramos hai uns meses, Patrick Stewart é xa Sir Patrick. O actor, de 69 anos de idade, e famoso por interpretar durante moitos anos ao capitán Picard na saga de Star Trek e posteriormente ao Profesor X da Patrulla X, foi investido cabaleiro pola raíña de Inglaterra no palácio de Buckingham.

Na súa alocución, Steward rendeu tributo ao seu vello mestre, do que dixo que lle debía literalmente todo, por ser o primeiro que o animou a escomezar a actuar: “ainda que moita xente na miña vida tivo grande influencia sobre min, sen este home nada de todo isto tería acontecido“.

Sir Patrick dixo que este nomeamento, anunciado o ano pasado, é “unha honra non procurada“, ainda que dende neno os seus heroes foran Sir Laurence Olivier e Sir John Gielgud: “Os cabaleiros do teatro representan para min non só o cúmio da profesión senón a estima na que se ten á profesión. Atopar-me a min mesmo nesa compañía é a cousa mais grande que me aconteceu profesionalmente“.

O actor, nado en Yorkshire, dixo que celebraría o seu nomeamento con Cecil Dormand, o profesior que lle animou por primeira vez a se meter no mundo da interpretación: “unha vez me puxo unha cópia de Shakespeare nas mans e dixo ‘agora pon-te de pé e interpreta’“.