Casta detrás dos muros

0
134

Unha das nosas faces favoritas, a da actriz e modelo Laetitia Casta, (Asterix & Obelix vs. Caesar) será a protagonista do vindeiro filme francés de fantasía e suspense en 3D Behind The Walls.

Ambientado en 1922, a história ten moito de conto vitorián e gótica e vai sobre un xoven novelista que se muda a unha pequena e misteriosa vila para escribir un libro, pero alí cae vítima de terríbeis halucinacións e pesadelos.

Pascal Sid e Julien Lacombe serán os directores desta longametraxe, que conta cun orzamento duns 5 millóns de dólares, que será rodada en 3D estereoscópica e que ten prevista a estrea para primeiros do ano que ven.