Outra de terror na casa

574

Jennifer Lawrence e Max Thieriot vñen de se unir ao reparto do thriller de terror House at the End of the Street para a FilmNation e mais para a produtora A Bigger Boat.

A história vai sobre unha adolescente (Lawrence) que se mudaa unha nova vila e descubre que na casa de enfrente houbo un dobre asasinato. As cousas comezan a se poñer complicadas cando se fai amiga do único fillo sobrevivinte da masacre (Thieriot).

David Loucka escribiu o guión a partir dunha história de Jonathan Mostow mentres que Mark Tonderai estará na dirección. A rodaxe escomeza a mediados de xullo en Ottawa (Canadá).