Ainda que se leva a rumorear dende hai meses, semella agora mais seguro que Jeremy Renner está en negociacións moi avanzadas para se facer co cobizado papel de Hawkeye no filme d’Os Vingadores.
Renner fora vencellado co mesmo papel para aparecer en Thor o ano pasado, pero os rumores decaeron cando se soubo que Renner estaba a negociar a súa incorporación a outros proxectos, un dos cales nunca chegou a asinar e outro dos cales non puido sair adiante por falla de financiamento.
Agora todo semella indicar que será o escollido para interpretar ao superheroe Hawkeye no filme que axuntará a moitos dos mais famosos heroes da Marvel e que comezará a se rodar o ano que ven.
Pola súa banda, Neal McDonough está a manter conversas para se facer co papel de Dum Dum Dugan no filme de Joe Johnston Captain America: The First Avenger.
O persoaxe é un oficial da S.H.I.E.L.D. e un dos mais experimentados membros da equipa de Nick Fúria. É coñecido polo seu chapeu redondo, que e é o seu sinal de identidade, e mais por ser un excelente francotirador.
A rodaxe do Capitán América escomezará o mes que ven en Inglaterra.