Fiennes e Green van a Camelot

0
194

Joseph Fiennes (Flashforward), Eva Green (Casino Royale), Jamie Campbell Bower (O barbeiro da rúa Sweeney Todd) e Tamsin Egerton (St. Trinian’s) serán os protagonistas da vindeira série da canle Starz Network Camelot.

Segundo a nota de prensa oficial dada a coñecer pola canle, esta nova interpretación da história de Artur e mais os seus cabaleiros contará con Fiennes no papel do meigo Merlin e con Green coma a poderosa feiticeira Morgana. Bower e Egerton serán Artur e Xenebra, respectivamente.

A rodaxe da primeira tempada, que terá dez episódios, escomezará en xuño coa vista posta nunha estrea a primeiros de 2011.