Torchwood regresa á tele

0
158

Xa pasou case un ano dende que foi cancelada, pero a série de ciéncia-ficción inglesa Torchwood converteu-se nunha das favoritas dos fans e iso está moi preto de sinificar nada menos ca un regreso oficial.

A produtora Starz Network e mais a BBC Worldwide producirán e emitirán en exclusiva a nova tempada de dez episódios desta série, secuela de Doutor Who e que incluirá localizacións tanto nos Estados Unidos coma en todo o mundo, segundo unha nota de prensa feita pública conxuntamente.

John Barrowman e Eve Myles regresarán aos seus papeis de Capitán Jack e Gwen respectivamente, xunto con algunhas faces novas. O creador da série e produtor executivo da mesma, Russell T. Davies, voltará outra vez coma responsábel, e xunto a el a súa compañeira Julie Gardner.

Agárda-se que Davies dirixa unha equipa de guionistas que fagan posíbel o comezo da produción a finais deste ano. A nova tempada será emitida nos Estados Unidos na canle Starz e en Inglaterra pola BBC One o verán que ven.

Nin a Starz nin a BBC Worldwide especificaron qué formato terá esta nova tempada. A primeira tempada consistiu en 13 episódios autoconclusivos, a segunda tamén durou outros 13 capítulos e misturou episódios con continuación e outros sen ela. A terceira foi a história en cinco episódios contada en forma de minisérie Children of Earth, que foi emitida o xullo pasado diante dunha audiéncia que llegou aos seis millóns de espectadores por episódio en Inglaterra.

Con este acordo fican aclaradas algunhas das maiores dúbidas desta série, xa que coa participación da Starz haberá mais recursos financeiros e menos restricións creativas ca nunca. Elo permitirá aos guionistas ir un pouco mais aló na exploración dos temas para adultos e na sexualidade, que se converteu en parte esencial da série.