Amencer vermello e marelo?

0
197

Cando a Guerra Fría era unha realidade aló por 1984, non estrañou a ninguén que o filme clásico de John Milius Red Dawn (Amencer Vermello) usase aos soviéticos coma antagonistas nesta história sobre un grupo de escolares americanos que se erguen en armas contra un invasor que ocupa o seu país e entra na súa pequena vila.

Por suposto o mundo cambiou bastante dende aquela, e coma os rusos xa non son demasiado ameazadores, se queremos volver a contar a mesma história hai que actualizar o exército inimigo. Así que cando a Metro comezou a facer o remake deste filme o ano pasado, decidiu que o invasor fora unha coalición dos exércitos ruso e chinés.

Coma adoita ser o habitual entre quen se sinte inferior, o complexo salta e así as primeiras voces de protesta xa se escomezan a escoitar por parte dos xornais chineses, controlados polo governo da ditadura, e que din que o filme será xenófobo e creará unha mala imaxe do seu país. Segundo din na prensa do país asiático, o filme “demoniza a China” e “todo o diálogo está cheo de matar aos chineses e escenas que danan a imaxe de China, co que moitos chineses están aoxados“.

Non axuda moito o feito de que non se distribuiu nin tráilers nin material oficial para esta produción cun orzamento de 42 millóns de dólares. O único material que se deu a coñecer foron algúns posters de propaganda do exército invasor chinés co símbolo da estrela vermella.

O filme ten previsto estrear-se a finais deste ano.