John Carpenter ven de ser contratado para dirixir a adaptación ao cinema da novela de 2008 do escritor John Marks Fangland para a Sriram Das e mais a Blumhouse Productions.
A história, un novo xiro ao clásico de Drácula, contará probábelmente con Hillary Swank coma protagonista no papel de Evangeline Harker, unha produtora asociada dun programa de notícias da televisión titulado A Hora.
Swank deixa Manhattan e vai a Transilvánia a entrevistar a Ion Torgu, un perigoso traficante de armas romeno que resulta ser o Drácula da actualidade.
Mark Wheaton (The Messengers) escribiu o guión e Swank producirá. Fangland (O país do cabeiro) será o vindeiro proxecto de Carpenter após de que remate o seu traballo á fronte do thriller The Ward, que é a súa primeira longametraxe dende que en 2001 dirixira o fiasco Ghosts of Mars.