Fassbender xogará cos heroes

0
191

O actor nado en Alemaña pero criado en Irlanda Michael Fassbender (Inglourious Basterds, Hunger) está a ser vencellado non a un, senón a dous proxectos de adaptación ao cinema de persoaxes da Marvel Comics actualmente en produción.

O director de X-Men: First Class Matthew Vaughn quere contar con Fassbender para que sexa a versión xoven do persoaxe de Ian McKellen, Magneto, na precuela da Fox que xa conta con James McAvoy como protagonista no papel do xoven profesor Charles X. Xavier. Este filme escomezará a se rodar en Inglaterra axiña e ten prevista a estrea para o verán do ano que ven.

Ao mesmo tempo, Fassbender podería ser o vilán de Spider Man 4 na Sony Pictures. Pero como este filme non se estreará at´mediados de 2012, a súa produción ainda non escomezará até o ano que ven.

Agárda-se que Fassbender escolla un dos dous papeis, e a cuestión de cal será só depende do apretada que estea a sua axenda. O actor está rematando a rodaxe do filme de David Cronenberg A Dangerous Method e logo tn previsto protagonizar a película de David Jacobson A Single Shot. Por outra banda, tamén aparecerá axiña a finais deste mes cando se estree Jonah Hex e Centurion en agosto.