De Youtube ao cinema

0
181

A guionista de Shutter Island e produtora executiva de Avatar Laeta Kalogridis entregará axiña un primeiro esbozo de guión para unha adaptación ao inglés do filme de debuxos animados sérbio Technotise.

Seica unha das razóns polas que o proxecto pode sair adiante é o tráiler de dous minutos que creou Jaron Pitts, o home que creara o tráiler falso pero de fasquía moi profesional do filme Lanterna Verde que chegou a ser visto por mais de dous millóns de persoas en Youtube.

Aquel tráiler de Lanterna Verde captou a atención do produtor Scott Glassgold o ano pasado, xusto depois de que adquirira os dereitos sobre o manga sérbio Technotise, e encargou a Pitts que creara un tráiler semellante para o filme de debuxos animados. Este tráiler apareceu en xaneiro e fixo que vários estudos, produtores e axentes se fixasen no proxecto coa intención de saca-lo adiante.

Glassgold entrou en contacto con Kalogridis, que está a lle dar os últimos toques ao seu guión antes de poñe-lo ávenda para os estudos.