Quale no seu Destino Final

0
163

Steven Quale, o gurú dos efectos especiais que traballou como director da segunda unidade en Titanic e Avatar, ven de ser contratado para dirixir a quinta entrega, esta vez en 3D, da saga de Destino Final pola New Line.

Os detalles do argumento ainda están en segredo, pero xa se sabe que a primeira escena terá lugar nunha ponte suspendida e que haberá unha escena cunha cirurxía láser nos ollos noutra escena.

Eric Heisserer (Pesadelo en Elm Street) está a escribir o guión mentres que Craig Perry e Warren Zide producirán. A rodaxe arrinca o vindeiro 13 de setembro e a estrea está prevista para o mes de agosto do ano que ven.