Pike será Emma Frost

0
192

A antiga rapaza Bond Rosamund Pike (Morre outro día, Doom) podería estar atrás do cobizado papel de Emma Frost na vindeira película de Matthew Vaughn X-Men: First Class.

Así, seica Pike foi albiscada nas oficinas de Lucinda Syson, a directora de cásting dos últimos dous filmes de Matthew Vaughn, e seica levaba consigo un cómic de Emma Frost.

O persoaxe é unha super-malvada telépata, tamén coñecida coma a Raíña Branca, e que se pasou de ser un dos mais perigosos inimigos da Patrulla X a un dos seu principais membros.