O lendário actor inglés Bill Nighy (Jack Botas en Piratas do Caribe) será un escuro feiticeiro na vindeira adaptación ao cinema da novela fantástica de 1980 orixinal de Peter Straub Shadowland.
A história vai sobre un xoven estudante universitário atraído por un carismático vello cabaleiro a un mundo de máxia, pero obrigado a elixir se quere unir-se ou non ás forzas do mal para salvar a vida da súa mellor amiga.
A protagonista da série da televisión inglesa The Tudors, Natalie Dormer, tamén estará a bordo deste proxecto, que contará cun guión de Larry Leahy e a dirección de Erik Canuel.
Entre os créditos mais actuais de Nighy, de 60 anos, están o vindeiro thriller Wild Target, a agardada primeira parte de Harry Potter and the Deathly Hallows e mais un pequeno pero importante papel nun episódio do Doutor Who.