Minghella contra os áliens

0
183

Max Minghella (Agora) unirá-se ao reparto do thriller de ciéncia-ficción The Darkest Hour, que contará cun orzamento de 40 millóns de dólares na New Regency e mais a Summit Entertainment.

O argumento vai sobre un grupo de rapaces que deben loitar por sobrevivir en Moscú após dunha invasión alieníxena. Emile Hirsch, Olivia Thirlby, Rachael Taylor e Joel Kinnaman son os outros protagonistas.

Chris Gorak (Right at Your Door) dirixe un guión de Les Bohem e Jon Spaihts que el mesmo reescribiu. Timur Bekmambetov e Tom Jacobson serán os produtores deste filme, que comeza a se rodar en Rúsia este verán.