A equipa de escritores após do vindeiro filme de Lanterna Verde xa ten novo traballo, e por partida dobre na Warner Bros. Pictures. O primeiro será a secuela de Lanterna Verde e o outro unha adaptación ao cinema doutro persoaxe clásico do cómic de superheroes, se ben neste caso da DC Comics: Flash.
Greg Berlanti, Michael Green e Marc Guggenheim asinaron o acordo polo que se comprometen a escribir alomenos ún dos dous proxectos, sen que estea ainda determinado cal dos dous.
Lanterna Verde está a se rodar arestora en New Orleans con Ryan Reynolds no papel do superheroe do anel de luz verde. E ainda que nin foi estreada a primeira parte, o certo é que hai moita confianza en que o filme será un bombazo e a segunda parte será unha realidade axiña.
Ao longo dos últimos anos houbo vários intentos fracasados de facer un filme sobre Flash, incluindo unha versión na que o mesmo Reynolds estivo vencellado. Este novo intento será a encarnación do persoaxe de Barry Allen e tentará inspirar-se no recente traballo de Geoff Johns no cómic.