Burton e o apocalipse

0
182

John August está en negociacións para se encargar de escribir o guión da adaptación ao cinema do xogo de estratéxia Monsterpocalypse para a Dreamworks Pictures.

O xogo orixinal de Matt Wilson contén unha série de mapas de cidades sobre o que deben loitar áliens, robots e monstros xigantes de estilo xaponés, quetentan destruir o maior número posíbel de casas ao seu redor.

A DreamWorks quere que Tim Burton dirixa este proxecto e estáa tentar a súa incorporación. Se accedera, a película convertería-se na súa quinta colaboración. As anteriores foran Big Fish, Charlie e a Fábrica de Chocolate, O Cadáver da Noiva e a vindeira Dark Shadows, que comezará a se rodar a finais deste mesmo ano.

Por suposto o maior problema é aaxenda de Burton e por iso agárda-se que se os plans de Monsterpocalypse saen adiante, Dark Shadows deberá agardar un tempo, ou se cadra ao revés. Richard Zanuck será posíbelmente o produtor de Monsterpocalypse, pero ainda non asinou para entrar no proxecto.