Stanley Tucci será o Dr. Erskine

0
186

A Marvel Studios ven de anunciar oficialmente que Stanley Tucci (The Lovely Bones) será o Dr. Abraham Erskine no vindeiro filme Captain America: The First Avenger. Nos cómics, o doutor Erskine era o científico alemán responsábel do proxecto Renacemento, o experimento super secreto para crear ao soldado perfecto e que dá como resultado a creación do noso heroe.