Zetumer, guionista para Dune

731

Joshua ZetumerJoshua Zetumer está en negociacións para escribir o guión da nova película baseada no clásico Dune, a novela épica de ciéncia-ficción de Frank Herbert, para a Paramount Pictures.

A novela, gañadora dos prémios Hugo e Nebula en 1965, é a primeira dunha saga que comprende seis tomos sobre o control nun mundo futuro dunha prezada espécia chamada melange que só se pdoe atopar no planeta desértico de Arrakis. A primeira vez que foi adaptada ao cinema foi da man de David Lynch en 1984, nunha produción que resultou ser un desastre na crítica, ainda que seica a Herbert gustou-lle. En 2000 converteu-se nunha minisérie para a televisión, que emitiu o SCI FI Channel.

Kevin Misher está a producir a nova versión a través da súa empresa, unha filial da Paramount. O fillo de Herbert, Brian, e mais Kevin J. Anderson, que xa escribiron xuntos várias novelas adicionais á saga orixinal, serán os coprodutores. Peter Berg está vencellado coma director.