Van 3 casas enmeigadas

0
172

A Gold Circle Films está a lle dar voltas á terceira entrega da súa saga de Haunting… e iso que a segunda das entregas nin tan sequera escomezou a rodaxe nin as tomas de fotografía principal.

Baseado nun suposto caso real, a GC lanzou o filme de baixo orzamento Haunting in Connecticut a pasada primavera e gañou 77 millóns de dólares nos despachos de billetes por todo o mundo. O resultado: unha segunda parte que xa está en desenvolvemento e unha terceira que se comeza a cheiras no horizonte, cada unha delas con diferentes persoaxes e diferentes situacións, pero todas elas baseadasen supostos feitos reais de casas enmeigadas.

Tom Elkins dirixe o segundo filme, titulado Haunting in Georgia e que comeza a se rodar en agosto, e agora a compañía ven de contratar a Sean Hood para que escriba o guión de The Haunting in New York, que posíbelmente irá a rodaxe o ano que ven coa produción de Paul Brooks.

Ainda non se coñecen detalles do argumento. A primeira e mais a segunda longametraxes están baseadas en casos sensacionalistas emitidos pola canle Discovery Channel sobre supostas casas enmeigadas. A devandita série, titulada A Haunting, fixo dous episódios ambientados en New York: o primeiro sobre un “investigador” de sucesos paranormais que é posuido por un demo e debe someter-se a un exorcismo, e o segundo sobre unha família que vive nunha casa rural en Hinsdale que está enmeigada por figuras fantasmais e sóns misteriosos procedentes do bosque que a rodea.