No que é un movemento sorprendente, a Warner Bros. e mais a Legendary Pictures non só están a proxectar unha segunda parte para o seu recente filme Clash of the Titans, senón que pensan converte-lo nunha prioridade de alto nivel.
De feito, a prensa xa informa de que ambas compañías teñena intención de comezar a rodaxe dunha segunda parte deste remake no vindeiro mes de xaneiro, con Jonathan Liebesman (Battle: Los Angeles, Darkness Falls) como máximo candidato para se sentar na cadeira de director, sustituindo ao mais caro Louis Leterrier.
Mália contar con moi malas críticas, Clash of the Titans é xa un dos filmes que mais cartos fixeron no que levamos de 2010, con 486,8 millóns de dólares en todo o mundo, e iso que partía cun orzamento non demasiado elevado, de 125 millóns.
O plan para a secuela é rodar en 3D, e seica parte dos motivos para ter tanta presa é poder contar con Sam Worthington no papel protagonista. O actor australián ten previsto escomezar a rodaxe da segunda parte de Avatar na segunda metade de 2011, polo que ainda lle quedaría algode tempo dispoñíbel para este proxecto.