Terror español en 3D

0
220

Até agora estabamos acostumados a que o terror en 3D viñera dos Estados Unidos. Filmes coma a última entrega de Destino final ou o remake de My Bloody Valentine fixeron coma é habitual grandes igresos nos despachos de billetes grazas ao uso da nova tecnoloxía en 3D. Pois seica agora chega o novo sistema made in Spain.

O primeiro proxecto ven da man de Manuel Martínez Velasco, director até agora tan só de curtametraxes coma Los niños del jardín ou Cambio de agujas. Seguidor do cinema fantástico e fan da Guerra das Galáxias, o cineasta lánza-se á aventura do 3D en versión española grazas a unha tecnoloxía chamada Mistika e coa que espera poder producir axiña o seu primeiro teaser tráiler.

O argumento de La Maternidad 3D é segundo Martínez unha “homenaxe ao terror dos 70. Queremos contar unha história de soidade nun intre da vida das mulleres no que son terríbelmente vulnerábeis e mais axuda e comprensión necesitan. A protagonista vai-se atopar no pior sítio do mundo para ficar preñada“.

Respecto á tecnoloxía Mistika, o director afirmou que por ela “interesáron-se vários estudios de Hollywood. Rodamos con dúas cámars Red One montadas unha sobre a outra. Cada unha filmaba o que vai ver cada ollo despois. Un espello sobre unha das dúas cámaras, que está baixo a outra, en vertical, compensa que non estean en paralelo e finxe o side by side“.