Atlas polémico

0
149

Paul Johansson (One Tree Hill), Taylor Schilling (Mercy) e Grant Bowler (True Blood) veñen de ser contratados para facer os papeis de John Galt, Dagny Taggart e Hank Reardon respectivamente na vindeira adaptación ao cinema do clásico da ciéncia-ficción de Ayn Rand Atlas Shrugged.

O produtor John Aglialoro tiña que escomezar a rodaxe desta adaptación o pasado sábado ou perder os dereitos que mantiña sobre a obra. E xusto un día antes de que vencera o prazo, a rodaxe deu comezo cun orzamentro de 5 millóns de dólares, unha produción independente e uns actores practicamente descoñecidos, todo coa dirección do mesmo Paul Johansson cun guión de Brian Patrick O’Toole.

O proxecto levaba aparcado décadas até qie este ano Aglialoro decidiu-se dun día para o seguinte escomezar a rodar, mesmo sen o apoio de ningún estudo.

No reparto tamén están Michael Lerner (A Serious Man) no papel do lobista Wesley Mouch e mais o director de cinema Nick Cassavetes coma Richard McNamara. Matthew Marsdan, Graham Beckel, Edi Gathegi, Jsu Garcia, Rebecca Wisocky, Ethan Cohn, Patrick Fischer, Neill Barry, Christina Pickles e Nikki Klecha son os outros actores.

O filme plantéa-se agora coma o primeiro dunha triloxía baseada neste popular relato de Ayn Rand, convertido na bíblia da seita dos obxectivistas, convencidos de que a vida dos persoaxes é pleamente aplicábel á realidade, especialmente no que se refire ás súas doutriñas económicas (capitalismo) e filosóficas (individualismo).

As malas novas para o proxecto son que o director que ía facer o filme e que foi despecido tan só dúas semanas antes de escomezar a rodaxe, Stephen Polk, ven de contratar un avogado para que demande ao produtor, polo que se prevé que coma era mais ou menos previsíbel, dea comezo unha loita legal entre os implicados. O cal por certo ven-lle moi ben ao espírito empresarial da película.