Os Prémios do Terror

0
228

Os prémios anuais da International Horror Guild (Asociación Mundial do Terror) presentáron-se o pasado xoves día 1 no centrode conferéncias do Hotel Saratoga no decurso da Convención Mundial da Fantasía celebrada en Saratoga Springs, New York.

Ramsey Campbell foi honrado co prémio de Lenda Vivinte, que presentou Jo Fletcher. John Picacio foi o mestre de cerimónias.

Os prémios da International Horror Guild están xa no seu 13º ano. Baseados nas recomendacións feitas polo público, os membros do xurado recoñecen a exceléncia no eido do terror e da fantasía escura. Os gañadores foron estes:

  • Novela: Conrad Williams por The Unblemished
  • Novela curta: Norman Partridge por Dark Harvest
  • Conto Longo: Paul Finch por The Old North Road
  • Conto: Stephen Gallagher por The Box
  • Colección: Terry Dowling por Basic Black e Glen Hirshberg por American Morons
  • Antoloxía: William Sheehan e Bill Schafer por Lords of the Razor
  • Xornal: Subterranean
  • Cómic: Lewis Trondheim por A.L.I.E.E.N.
  • Non-Ficción: S.T. Joshi por Icons of Horror and the Supernatural
  • Debuxo: Aeron Alfrey por Exhibits from the Imaginary Museum e John Picacio pola capa do seu própio libro The Art of John Picacio