Raimi na precuela de Oz?

0
185

O director da saga de Spiderman, Sam Raimi, semella estar en contactos para se poñer á frente do novo proxecto da Disney, a precuela sobre o mundo de Oz titulada Oz: The Great and Powerful.

Ainda que para o mesmo traballo tamén estiveron vencellados Sam Mendes e Adam Shankman, seica o único que polo de agora recebiu unha oferta oficial e en firme foi Raimi.

Robert Downey Jr. será o protagonista do filme, que narra a história de como o meigo de Oz chegou e converteu-se no governante de Cidade Esmeralda. Mitchell Kapner escribiu o guión.

O proxecto é alomenos ún da média dúcia que están en preparación sobre os mundos creados polo escritor L. Frank Baum e que dende que se converteron en domínio público polo paso do tempo, están a ser adaptados unha e outra vez nos últimos tempos. Este proxecto é segundo as nosas fontes consultadas o que se prevé mais fiel á ideia orixinal do escritor.