Os fans censuran Twilight

768

Cando unha escena de sexo brutal e mais un embarazo son non só partes importantes senón centrais do argumento dun libro, podería-se pensar que mesmo o mais conservador dos espectadores de cinema comprenderá que é preciso amosar esas escenas na pantalla.

Pero non contabamos coa moralidade ultrarelixiosa da maioría dos espectadores da saga de Twilight. A guionista da nova entrega da popular franquía de vampiros adolescentes, Melissa Rosenberg, ven de lle revelar á prensa que atopou un xeito de que non se vexa na pantalla nin unha soa escena de sexo. E o sistema é… non amosa-lo.

Para min é mais interesante non ve-lo. Xa sabes, podemos facer unha escena dun parto sen ver o parto… non sinifica que sexa menos evocador como experiéncia“, fachendou Rosenberg.

Na novela, as devanditas escenas non só son moi gráficas e violentas, senón que teñen importantes consecuéncias para Bella, a protagonista da saga. Que será o que nos permitan ver? É esta unha elección da guionista ou un mandado dos estudos?

A princípios desta semana, espallou-se un rumor segundo o cal a escena do nacemento na que por certo un dos protagonistas devora a placenta alí mesmo colocará-se xusto no médio das dúas películas que van conformar a adaptación desta novela. Deste xeito, será doado non amosar absolutamente nada e teremos que imaxinar o que aconteceu.

A decisión final depende do director Bill Condon, pero tendo en conta que os espectadores de Twilight son adolescentes moi conservadores, é moi probábel que as escenas fiquen totalmente desaparecidas na pantalla.