Guionistas Motoristas

0
175

Os directores e guionistas de Crank e Gamer, Mark Neveldine e Brian Taylor, están en conversas moi avanzadas para se faceren cargo da secuela do filme que adaptou ao cinema ao heroe do cómic Ghost Rider e que levará por título Spirit of Vengeance na Sony Pictures.

Nicolas Cage está ainda a negociar repetir o seu papel do protagonista Johnny Blaze, un motociclista especialista en tomas arriscadas que fai un pacto co demo e se converte nunha caveira en lapas que conduce unha moto polo inferno.

Os detalles do argumento desta segunda parte ainda non se deron a coñecer e non se sabe se se utilizarán as moitas tomas que se rodaron no filme anterior de 2007, que mália as pésimas críticas acadou recadar nada menos ca 230 millóns de dólares por todo o mundo. David Goyer escribiu a história e non se sabe se Neveldine e Taylor lle darán un segundo repaso antes de converte-la no guión definitivo.

Avi Arad, Ari Arad, Michael De Luca e Steven Paul son os produtores. A rodaxe ten previsto o seu escomezo para finais de outono, xusto antes de que os dereitos volvan a pertencer á Marvel Comics.