O instituto dos monstruíños

0
181

Os creadores da série de televisión Smallville, Alfred Gough e Miles Millar, serán os encargados de escribir o guión que adaptará ao cinema a propriedade da empresa de xoguetes Mattel Monster High na Universal Pictures.

Descrita coma un musical con monstros, a história irá sobre os fillos e fillas dos monstros mais famosos do cinema: Drácula, Frankenstein e mais o lobishome, mentres están estudando no instituto.

Neil Meron e Craig Zadan, o compositor Marc Shaiman e mais Scott Wittman son os produtores, que afirman que pretenden que a história sexa unha mistura entre Beetlejuice e mais a Família Addams.