A3 imita Twilight

769

A loita do amor fronte ao salvaxe mundo dos vampiros será o “orixinal” argumento de No soy como tú, a nova minisérie de dous capítulos que Antena 3 ven de estrear protagonizada polos debutantes Nicolás Coronado e Lucía Martín.

Seguindo o éxito anterior da saga de Twilight, Antena 3 e Notro Televisión produciron esta série na que Nicolás, fillo do famoso José Coronado animou-se a debutar coma actor, porque segundo dixo, era “a oportunidade de sacar esa parte animal que todos temos“.

Coronado interpreta a Raúl, un “mestizo” no mundo dos vampiros, é dicir, metade humán e metade vampiro, que vive recluído nun centro especializado para adolescentes afectados por esa condición.

Alí coñece e namorá-se de Lucía (Lucía Martín), unha rapaza que despois dun trauma familiar estáa sufir unha série de alteracións físicas que non comprende. Pero o seu pai, Ismael (Pantxo Nieto) é un poderoso vampiro que sabe moi ben o que lle pasa á súa filla.

Os namorados deberán loitar contra os vampiros malvados coa axuda do outro protagonista, Alberto (Alberto Ammann), quen tivo que pelexar polo amor dunha muller, Leticia (Alexandra Jiménez).

Segundo os produtores, a ideia é totalmente orixinal e non se lles pasa pola cabeza compara-la con Twilight: “é unha história totalmente diferente” e na que o elemento vampírico é só casual, xa que “aborda temas coma a xoventude e o amor que pode darse todos os días“.

O segundo capítulo da minisérie, dividida en dúas entregas de 75 minutos cada unha, emitirá-se o vindeiro 24 de xuño.