O lado escuro de Cyrus

0
234

Miley Cyrus, a popular actriz infantil que dá vida a Hanna Montana, xa escolleu por fin o papel co que pretende dar o chimpo á interpretación séria: unha adaptación do thriller sobrenatural para adolescentes da escritora Lisa McMann titulado Wake e que producirá a Paramount Pictures e mais a MTV Films.

A novela é a primeira dunha triloxía e vai sobre Janie, unha adolescente que posúe a habilidade que preferiría non ter, a de entrar no soño doutras persoas. Así, cando entre nun pesadelo relacionado coas perversas actividades dos profesores do seu coléxio, pasará de ser espectadora a participante.

Christopher Landon (Disturbia) será o encargado de adaptar o libro á pantalla grande. Ellen Goldsmith-Vein, Lindsay Williams, Jodi Zuckerman e Tish Cyrus serán os produtores.